Revista Gamma 13
Co título “Dez anos despois”, o anterior Director da revista, Luis Puig, facía reconto de dez anos de GAMMA e despedíase no anterior número da revista. Era setembro do 2012. Dous anos despois (e non un, como era de esperar) sae á luz un novo número de GAMMA que ten como novidade principal o seu formato dixital. O novo soporte da revista permite que a cor chegue a GAMMA e ao seu novo logotipo, e fai tamén que o seu formato de dúas columnas se vexa reducido a unha, co fin de facer máis cómoda a lectura. Pero o gran cambio ao formato dixital é a inclusión de hipertexto. Atoparemos texto resaltado distintas ocasións: para ir directamente a unha nota ao pé ou a unha referencia bibliográfica, para enlazar cunha páxina web á que fai referencia o texto ou para poder facer clic sobre o texto e abrir un arquivo de calquera tipo.
Este número recolle o esforzo dun equipo por continuar coa calidade que GAMMA representa e aquí está para ser xulgado. Non seriamos xustos se non agradecésemos os apoios que tivemos neste comezo. O de Luis Puig, como membro da anterior dirección, que nos asesorou facendo que mellorásemos moitos aspectos da revista. María Miragaya, sempre cunha boa palabra e disposta a revisar os artigos, e Víctor Pollán, traballador incansable sempre disposto a axudar e a buscar colaboracións. E como non, a todos os que nos envían o seu traballo, que fan que o noso teña sentido e que son o celme da revista.
Agardamos ser dignos continuadores do anterior equipo e seguir sendo unha publicación de referencia na innovación e educación matemática galega.
Descarga aquí a versión completa de Gamma 13.
Tamén podes descargar desglosados os artigos e seccións:
Artigos
2. Euler e a Teoría de Números
5. Diccionario Etimolóxico da Matemática Escolar (IV)
Seccións
4. GeoGebra (inclúe ficheiros ggb)
5. OriGamma
Actividades
Descarga aquí o ficheiro de actividades