cabezallo

III OMNA

Programa III OMNA Posible resolución dos problemas Acta de premiados
Cartaz Proba manipulativa Ligazón á gravación da comunicación dos resultados
Problemas da proba individual Proba por equipos Ligazón ao vídeo de recordo da III OMNA

OMNA Logo Cor

Dende o ano 2018, a FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas) convocan a Olimpíada Matemática Nacional Alevín (OMNA), como unha fase nacional para as convocatorias similares ao Rebumbio Matemático noso, que desenvolven as diferentes Sociedades Matemáticas Federadas en España, para estudantes de 6º curso de Educación Primaria.

As dúas primeiras convocatorias celebráronse en Melilla, os anos 2018 e 2019.

A III OMNA correspondía celebrala a nosa comunidade, en A Coruña, o pasado ano 2020, pero a causa da Covid-19 tivo que adiarse, o mesmo que as demais actividades convocadas por AGAPEMA e a FESPM. Ían ser tres días de actividades e convivencia estre estudantes de todas as comunidades, para compartir, coñecerse e realizar actividades interesantes.

Finalmente, este ano, grazas á mellora da situación sanitaria, convocouse a III OMNA en A Coruña, o sábado 26 de xuño, dunha maneira mixta: telemática para o resto das comunidades autónomas e presencial para a nosa comunidade.

Por parte de Agapema concorreran os dous grupos que conseguiron os primeiros postos no XX Rebumbio Matemático: o equipo AS HIPOTENUSAS, do centro CEIP Illa Verde (Lugo), e o equipo TRIPLE AL CUBO, do centro CPR Plurilingüe Montespiño (Culleredo).

Por parte das outras comunidades, concorrerán grupos de tres estudantes das sociedades:

Federació d’Entitats per l’Ensenyament de les Matemàtiques a Catalunya,

Sociedad Aragonesa «Pedro Sánchez Ciruelo» de Profesores de Matemáticas,

Sociedad Canaria de Profesores de Matemáticas «Isaac Newton»,

Asociación Castellana y Leonesa de Educación Matemática «Miguel de Guzmán»,

Sociedad Madrileña de Profesores de Matemáticas «Emma Castelnuovo»,

Societat d’Educaciò Matemàtica de la Comunitat Valenciana «Al-Khwarizmi»,

Sociedad Castellano Manchega de Profesores de Matemáticas,

Sociedad de Educación Matemática de la región de Murcia,

Sociedad Riojana de Profesores de matemáticas «A Prima»,

Sociedad Melillense de Educación Matemática,

E dous grupos de tres estudantes da Sociedad Andaluza de Educación Matemática «Thales».

A causa desta celebración semipresencial, as actividades desenvolveranse nun único día, o sábado 26 de xuño, no Centro Ágora, na cidade de A Coruña, dende as 10 h ata as 18:30 h, segundo este programa. Dende o Ágora estaremos en contacto directo coas demais comunidades e poderemos compartir desta maneira virtual, o desenvolvemento das diferentes probas e actividades, aínda que non a comida, para o que nos xuntaremos os estudantes e profesorado de Galicia nun restaurante cerca do Ágora.

As diferentes probas realizadas polos estudantes serán avaliadas por membros da nosa sociedade e comunicarase o resultado e a clasificación final nun acto que celebraremos, tamén de xeito virtual, o día 1 de xullo, dende o Centro Ágora. (Enlace ao acto de clausura da III OMNA)