Problemas fase final 2006
Problema 1 da fase final galega 2006: Triángulos equiláteros |
Comezando cun triángulo equilátero de lado 1, imos construíndo triángulos equiláteros de lados 2, 3...según se ve na figura. No triángulo de lado 20, ¿cantos triánguliños de lado 1 haberá pintados de gris?. Determina o número de trianguliños de lado 1 que haberá pintados nun triángulo calquera de lado n.
|
Problema 2 da fase final galega 2006: ¿Área ou perímetro? |
Ten dous fillos e repártelles a finca do xeito que indica a figura da dereita, pensando que quedan os dous coa mesma superficie, cando en realidade o perito dixéralle que, se partía así, quedarían os dous con dúas superficies co mesmo perímetro: unha cadrada, e outra rectangular coa altura o triple da base, e medindo esta base a metade do lado do cadrado. Pero o fillo menor, con coñecementos de xeometría, dí que simplemente haberá que mover uns metros hacia a dereita o corte para ter dúas superficies coa mesma área. ¿Saberías dicir tí cantos metros son os que haberá que mover o corte? |
Problema 3 da fase final galega 2006: Fórmula 1 |
No pasado campionato mundial de fórmula 1, Fernando Alonso gañou o 40% das carreiras, Kimi Raikonen gañou unha de cada 4 carreiras, e Michael Shumacher gañou a metade das carreiras que Fernando Alonso. Cada unha das carreiras restantes gañouna un piloto diferente dos anteriores. Se non houbo máis de 8 pilotos distintos que gañaron algunha carreira ¿de cantas carreiras constaba o campionato? ¿Cantos pilotos gañaron algunha carreira? |
Problema 4 da fase final galega 2006: A lámpada do Centro Residencial Docente |
|
Problema 5 da fase final galega 2006: Os pasteliños do Manuel Antonio |
¿Cantos rombos necesita cortar para conseguir, aproveitando os anacos cortados, unha estrela máis?
|