Problemas fase zona 2004
Problema 1º da fase de zona: Xogando ás adiviñas |
|
Un rapaz ten unha morea de pedras do mesmo tamaño. Colle 45 e fai con elas catro montóns de xeito que: - Se lle pon 2 pedras máis ó primeiro. - Lle quita 2 ó segundo. - Duplica o número de pedras do terceiro. - Deixa a metade no cuarto montón … Daquela obtén o mesmo número nos catro. ¿Cantas pedras había en cada montón? |
|
Eu non o sei facer, pero aproveitei as pedras para facerme un castelo |
Problema 2 da fase de zona: O peixe |
Nunha conversa de pescadores, cada un deles xactábase da medida da Un deles, Antonio, non querendo pasar por mentireiro nin querendo esaxerar, como é costume, procurou contarlle o que pescara do seguinte xeito: a) A cabeza medía 12 cm. b) O corpo medía tanto como a cola máis a terceira parte da cabeza. c) A cola medía tanto como a cabeza máis a terceira parte do corpo. ¿ Canto medía a peza que pescou Antonio? |
Problema 3 da fase de zona: O mellor pexego do pexegueiro
|
Acaba de vir unha clienta e levou pexegos de xeito que á pirámide só lle queda a base (un cadrado de 5 x 5 pexegos). ¿Cantos pexegos precisa para refacer a pirámide?
|
Problema 4 da fase de zona: A leira de repolos |
|
Un labrego de Coirós, cerca de Betanzos, plantou o ano pasado unha leira cadrada con repolos, de maneira que había o mesmo número de filas que de columnas. Este ano pensou que se facía os regos un pouco máis estreitos cabíanlle unha fila e unha columna máis. Dese xeito permitíalle recoller 93 repolos máis que na colleita do ano anterior. Pero, ¿cantos repolos recolleu en total nesta última colleita? |
|
Problema 5 da fase de zona: Un lote de trapecios ... circulares |
Os trapecios circulares son figuras coma estas: |
|
Limitadas por dous arcos de circunferencias que teñen o mesmo centro e dous segmentos de radios. |
Na figura de abaixo, ¿cantos trapecios circulares hai? |
|