Problemas fase de zona 2002
Problema 1da fase de zona: Unha idea xenial |
|
Na figura aparece unha reproducción dun plano dun de carreiras de coches. Calcula a lonxitude do circuito e a superficie ocupada polo céspede. |
|
Problema 2 da fase de zona: Os cinco |
|
Empregando en cada caso cinco cincos e combinando as operacións básicas (suma, resta, multiplicación e división) ¿poderías escribir os dez primeiros números? |
|
Problema 3 da fase de zona: ¿Tes cambio? |
|
Nun peto temos moedas de tres clases: 5, 20 e 50 céntimos. En total 12 moedas cun valor de 2 euros e 85 céntimos (2,85 €). |
|
¿Cantas moedas hai de cada tipo? |
Problema 4 da fase de zona: Os catro números sospeitosos |
|
Características dos números sospeitosos: -Son catro números primos. -Teñen esta forma: AA, BAB, BACD, AAAC -As letras A, B, C e D teñen o mesmo valor en todos eles, eses valores son diferentes e en cada número están colocadas na orde exposta antes. -A letra B non vale 3. |
|
Problema 5 da fase de zona: NBA |
|
Nun xornal de hai uns meses apareceu o seguinte artigo: "no último encontro entre os Grizzlies de Memphis e os Wizards de Washington, Michael Jordan obtivo unha porcentaxe de acertos do 72 % fronte a un 75 % de Pau Gasol e un 60% de Richard Hamilton"
|
|
a) ¿Cal é o número mínimo de tiros que debeu realizar cada xogador para acadar ese grao de efectividade? b) Se na crónica do partido nos din que Pau Gasol anotou 21 canastras, ¿cantos tiros realizou? c) Sabendo os graos de efectividade dados, ¿poderías calcular quen anotou máis puntos? |