Resultados Fase Final Galega 2023
O día 25 de maio tivo lugar en Lugo a Fase Final Galega da Olimpíada Matemática de 2º da ESO.
A proba, que constaba de 5 problemas, desenvolveuse en xornada de mañá no Círculo das Artes, a onde se achegaron os/as 40 finalistas procedentes das 4 provincias galegas.
Despois dun xantar de confraternidade, tivo lugar unha xincana matemática por equipos na Praza Maior para finalizar no Pazo de San Marcos coa entrega de premios.
O xurado observou un excelente nivel entre os participantes, aínda que ao cadro de honra só podían acceder 5 deles:
Premio á Beleza Matemática
Iris Santana Cacabelos do IES Castelao de Vigo
Mención de Honra
Breixo Vidal Salgueiro do IES Illa de Tambo de Marín
3º Finalista
Mateo Rivas Otero do IES Sánchez Cantón de Pontevedra
Subcampión
Pablo Freire Fernández do IES As Lagoas de Ourense
Campioa
Ana Jorquera Domínguez do IES Rosalía de Castro de Santiago
Os tres finalistas representarán a Galicia na Fase Final Española que se celebrará en Tenerife entre o 23 e 26 de xuño de 2023
Parabéns a todos os que vos achegastes a Lugo neste día e nos ofrecestes unha marabillosa xornada chea de mates e compañerismo.