Resultados Fase Final
O xoves 23 de maio de 2019 celebrouse en Lugo a Final Galega da Olimpiada Matemática de 2º da ESO.
Os 40 participantes disfrutaron dunha xornada chea de esforzo, emocións e matemáticas.
Aínda que todos e todas son gañadoras, ten que haber un cadro de honra:
PREMIO á BELEZA MATEMÁTICA: Mateo Fernández Collazo - IES Santa Irene (Vigo)
MENCIÓN de HONRA do XURADO: Marcos Gutiérrez Peña - IES A Xunqueira I (Pontevedra)
3º PREMIO: Ángel Rey Rodríguez - IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa)
2º PREMIO: Jacobo Tajuelo Arenas - IES de Ames
1º PREMIO: Héctor Carballude González - IES As Lagoas (Ourense)
Ángel, Jacobo e Héctor representarán a Galicia na Olimpiada Matemática Española que se celebrará en Jaén entre o 27 e o 30 de xuño de 2019
Parabéns a todos/as e grazas por esta xornada tan especial.