cabezallo

Convocatoria da Olimpíada Matemática de 2º da ESO

 

Logo

 

Una ano máis, e xa van 18, AGAPEMA convoca a Olimpíada Matemática Galega 2016 de 2º da ESO, un evento internacional orientado á procura dun ensino das matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión.


Este ano a sede da súa Fase Final volta a ser a cidade de Lugo, á que accederán os/as 40 representantes das 7 zonas de Galicia en que se distribúe a Olimpíada.

As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:

 

- Inscrición dos centros: 29 de febreiro

- Inscrición do alumnado: 28 de marzo

- Fase de zona: 21 de abril

- Fase final galega: 19 de maio

 

Toda a información detallada, formularios de inscrición e mesmo probas de anos anteriores, pódense atopar na nosa web, premendo aquí.

 

Se tes algunha dúbida ou suxestión relacionada con esta actividade, podes contactar coa organización da mesma na dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.