cabezallo

XVI Olimpiada Matemática Nacional

Do 24 ao 28 de xuño pasado celebrouse no IES Pirámide de Huesca a fase final da Olimpíada Matemática para estudantes de 2º curso de E.S.O.

Dende Galicia acudiron os tres finalistas:

- Isabel Gradaílle Gil do IES do Castro de Vigo

- Iván González Cortegoso do IES Blanco Amor de Ourense

- José Pazos Pérez do IES Otero Pedrayo de A Coruña

O programa foi moi intenso e todos disfrutaron das probas e de todas as actividades e visitas organizadas.

O portal oficial da Olimpíada é: https://sites.google.com/site/2015omn/

O noso representante José Pazos acadou "Mención de Honor" como membro do equipo ganador no Concurso de Fotografía Matemática.

Nestes enlaces están os problemas da proba individual e da proba por equipos.

Podedes ver una selección de fotos que repasan a vida nestes cinco interesantes días.