Presentación de GeoGebra 4 e o Proxecto Gauss en Galicia
A Facultade de Matemáticas en colaboración co Instituto de GeoGebra de Galicia, organiza unha xornada sobre a Presentación de GeoGebra 4 e Proxecto Gauss, que terá lugar o día 17 de decembro de 2011 na Facultade de Matemáticas da USC.
Este encontro está dedicado a presentar, compartir e discutir o uso do GeoGebra, ferramenta de gran utilidade para o uso nas aulas, tanto a nivel da Educación Primaria, como Secundaria ou Bacharelato, incidindo nas novas potencialidades que se atopan na última versión do programa, o GeoGebra 4.
O relator, José Luis Álvarez García, é un profesores dos que implementan o Proyecto Gauss no ITE (Instituto de Tecnologías Educativas do Ministerio de Educación) e fará unha presentación deste material que se atopa libre en Internet e que constitúe unha boa axuda para desenvolver contidos matemáticos en todos os niveis do ensino.
Para poder participar nesta actividade gratuíta debe enviar o boletín de inscrición que adxuntamos debidamente cumprimentado ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes das 14:00h do día 15 de decembro de 2011.
Para un mellor aproveitamento da actividade é conveniente que cada asistente porte o seu portátil.