Obxectivos
A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ó profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral.
O propósito co que se idea este evento é o de crear un espazo educativo no ámbito matemático, coa vontade de:
- Intercambiar coñecementos, experiencias e procedementos.
- Mostrar aspectos do proceso de aprender e ensinar matemáticas nun ámbito non formal, libre e espontáneo, no que participan nenos, pais, profesores e público en xeral.
- Concienciar á sociedade da necesidade de posuír a suficiente educación matemática que nos permita interpretar feitos elementais do acontecer cotiá.
- Disfrutar das matemáticas e reivindicalas no seu aspecto práctico, lúdico e educativo.
Para iso formulamos os seguintes obxectivos:
- Afondar no ensino – aprendizaxe das Matemáticas nas etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.
- Utilizar os distintos postos da FEIRA para acadar unha intercomunicación social matemática, lúdica, práctica e agradable.
- Mostrar á sociedade aspectos relacionados coas matemáticas e recoller dela todo o seu saber popular dentro desta materia.
- Vincular o que se fai nas aulas coa realidade e viceversa.
- Animar a nenos e maiores a resolver problemas diversos.