cabezallo

Os días 30 de setembro e 1 de outubro de 2016 terá lugar na Facultade de Matemáticas da USC o VIII Congreso de AGAPEMA.

Dende o comité organizador cremos que o programa desta edición colmará as expectativas do profesorado máis esixente.

Este congreso chega cargado de propostas do máis interesante,variadas, innovadoras, atractivas, amosando aspectos moi diversos do que é e do que pode ser o ensino das Matemáticas na nosa comunidade: Materiais manipulativos, recursos TIC, metodoloxías innovadoras, proxectos sorprendentes, traballos premiados, relatores con experiencia e profesorado novo cheo de ilusión. Pensamos que a variedade e a calidade destes traballos farán deste VIII Congreso unha experiencia enriquecedora e motivadora para todos os asistentes.

Nos documentos adxuntos podes consultar tanto o programa provisional do VIII congreso como un breve resumo de cada un dos traballos presentados.

Anímate participa!

 Cartaz Congreso 2016

O 28 de novembro celebrouse no IES Eusebio da Guarda de A Coruña  a actividade "Xornada de Matemática Recreativa: As Matemáticas de Coque", coa que dende AGAPEMA quixemos render homenaxe ao noso mestre e compañeiro Manuel Pazos Crespo, "Coque".

Nesta xornada fixéronse presentes algunhas das ideas que guiaron o traballo de Coque ao longo da súa carreira profesional: a importancia dunha boa actitude do alumnado no ensino das Matemáticas, a necesidade de que a diversión e o xogo estean presentes nas aulas, o emprego de recursos didácticos sorprendentes e variados...

Podes consultar o programa da Xornada no documento adxunto ao final desta entrada.

A asistencia foi numerosa, alcanzáronse as bos expectativas de participación e o Salón de Áctos do instituto estivo cheo para as dúas conferencias, de Luís Balbuena e Tony Martín. Tamén desfrutamos da representación da "Historia do TANGRAM", conto sobre este material didáctico que inventara e gustaba representar Coque cando estaba de mestre no Colexio de Laracha e que nesta ocasión foi levado a escena por seus compañeiros do Grupo OCTÓGONO.

Podedes ver unhas fotografías da Xornada neste enlace.

Moitas grazas a todos pola participación!

Cartaz da Xornada de Matemáticas Recreativas

Xa está dispoñible o programa provisional do VII Congreso de AGAPEMA, que se celebrará os días 26 e 27 de setembro de 2014 na facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Trátase dun programa moi completo, que pensamos que cubrirá os intereses e as expectativas de todo o profesorado participante.

 

 

 

 

 

 

O VII Congreso de Educación matemática de AGAPEMA celebrarase na Facultade de Matemáticas de Santiago os vindeiros días 26 e 27 de setembro de 2014. Un ano máis pretendemos que esta actividade se converta nun foro no de presentación dos traballos e iniciativas máis salientables realizados en Galicia no eido da educación matemática.

Dende AGAPEMA somos conscientes da importancia do ensino dende os primeiros niveis educativos e queremos invitar dun xeito especial ao profesorado de Infantil e Primaria a participar neste congreso.

 

CONFERENCIAS PLENARIAS

 

Xa temos pechadas as dúas conferencias plenarias para o Congreso, e temos que dicir que é un orgullo poder contar coa presenza de dous grandes profesionais das matemáticas e grandes divulgadores: Clara Grima e Pedro Alegría.

 

Conferencias Plenarias

 

Clara Grima é doctora en Matemáticas e profesora titular da área de Matemática Aplicada da Universidade de Sevilla. Ademais do seu labor docente e investigador é unha recoñecida divulgadora das Matemáticas. Ten publicado un libro Hasta el infinito y más allá editado por Espasa, onde nos achega determinados conceptos matemáticos dunha maneira moi práctica e orixinal a través dunha personaxe creada por ela, Mati. Clara Grima escribe actualmente para JotDown, CienciaXplora, eldiario.es, Naukas e 20minutos. Será unha honra que abra o noso Congreso. Podes acceder a máis información sobre o seu traballo aquí.

Pedro Alegría é doctor en Matemáticas e profesor da Universidade do País Vasco, faceta coa que desde hai moitos anos comparte coa súa outra grande paixón: a maxía. Ten publicados varios libros, entre outros, Magia por Principios, onde recolle a súa ampla experiencia como mago e profesor. A el lle corresponde poñer o broche de ouro a este evento.

 

PROGRAMA

Xa temos o programa definitivo para o Congreso:

http://agapema.org/files/Programa_AgapemaVII.pdf

 

INSCRICIÓN

 

O formulario e as normas de inscrición están á vosa disposición na seguinte ligazón:

http://www.agapema.org/?q=InscricionVIICongreso

Pouco a pouco iremos ampliando a información sobre relatores, conferenciantes, etc. 

ANÍMATE E PARTICIPA!

Cartaz Congreso

 

Nesta páxina iremos pendurando os materiais que nos acheguen os/as poñentes dos Encontros de Educación Matemática para Infantil e Primaria.

"Experiencias  matemáticas nunha  aula PT” por Ana Martiínez Rey C.E.E Terra de Ferrol


 

Podes acceder á súa presentación neste post do seu blog.

“Obradoiro de Matemáppticas: matemáticas e dispositivos móbiles" por Ana Mariño (CFR Vigo), Susana Lamela (CEIP N.S. dos Remedios - Ponteareas)

Os materiais empregados están no blog MatemAPPticas

“Os xogos e as rutinas nas matemáticas” por María Sanmartín Malvárez   CPI dos Dices - Rois

O seu prezi aquí

"Proxecto Canals - Materiais interactivos para E. Primaria" por Xosé Eixo IES Antón Losada Diéguez  A Estrada

Podes descargar a presentación premendo aquí

"Obradoiro de Calculadora" por Alicia Vázquez Veiga, CEIP Pedro Barrié de la Maza -Sada e Mercedes Vázquez, Oleiros

Descarga os 2 documentos para Primaria: doc1 e doc2

Descarga o documento para Infantil

"Os proxectos na Educación Infantil" por Mª José Pousa Rodríguez Escola Infantil Barrionuevo Pastoriza – Arteixo

Descarga a presentación premendo aquí

"Xogos no mercado. Primeiros conceptos matemáticos" por Montse Sancho -EI Montealto e Susana Vázquez -EducaBarrié

Descarga a presentación premendo aquí

Cando comezamos a cociñar os I Encontros para Infantil e Primaria celebrados o pasado 28 de setembro ninguén imaxinaba que nos íamos xuntar tanta xente un sábado en Compostela. Fomos cerca de 400 inscritos/as dos/as que asistiron 300. Deseñáranse 5 liñas de temáticas diferenciadas (Infantil, Primaria, NNTT,...) e convidamos ao mestre canario Tony Martín Adrián, un fóra de serie que nos contaxiou toda a súa paixón e o coñecemento sobre esta profesión que compartimos.

Eran os primeiros Encontros deste tipo, nunha asociación que estaba demasiado centrada na educación secundaria. Mais todo mudou ese fin de semana e deixamos aberta esta liña de traballo para un colectivo que respondeu de maneira espectacular. Tamén deixamos aquí a ligazón para que accedades aos materiais que os/as poñentes nos vaian achegando.

Podedes botarlle un vistazo á nosa páxina de facebook para comprobardes como vivimos o evento e comentardes o que queirades.

Como en toda actividade de formación homolagada pola administración, tivestes que cumprimentar unha enquisa de avaliación. Unha vez feito o reconto, amosamos os resultados, agradecendo de antemán a vosa xenerosidade:

 

Resultados Avaliación Encontros

 

Gráficos Avaliación Encontros

 

A seguir achegamos unha breve escolma das observacións que nos fostes deixando nesta enquisa:

Observacións Positivas:

-Encantoume o obradorio de cálculo mental.
-É moi bo que nos rompan os esquemas tradicionais. Empezaremos o curso con novas forzas. Grazas.
-Encantáronme Mar Santiago Arca e Tony Martín Adrián. Quedo esperando unhas II Xornadas.
-Papiroflexia, A voltas coas matemáticas e Algoritmos, moi ben.
-Encantoume o obradorio de cálculo mental.
-Valoro positivamente mesturar conferencias, obradoiros e experiencias
-Xornada moi áxil nos tempos, axeitados
-Vou pasar a noite sen durmir pensando en cambiar o meu xeito de" DAR" matemáticas para facelas mais significativas
-Valoro positivamente que foran todas experiencias que podo levar a aula xa
-Moi ben o detalle de invitarnos a café
-Gustaríame que este tipo de metodoloxía se divulgase para cambiar o modelo que temos hoxe en día, incluindo aos pais para que entendan e acepten.
-Agradecementos pola gratuidade do curso ( materiais, almorzo, ponentes...) e polas visións ofertadas.
-Moitas grazas por esta ponte entre dúas etapas tan cercanas e tan distantes
-Noraboa, foi un día estupendo para reflexionar. Que se repita o próximo curso
-Encantoume Tony, gustaríame volver a primaria para que fose o meu profesor e darlle unha segunda oprtundades ás matemáticas
-Agradezo a AGAPEMA o propor un espazo onde coñecer e compartir outro xeito de abordar as matemáticas en primaria e Infantil
-Ademáis unha atención por parte dos organizadores fantásticas.

Observacións negativas:

-O tempo das comunicacións un pouco escaso, quedamos con ganas de mais en todos
-Se podrí dar mayor información sobre las comunicaciones-obradoiros para poder escoger con mayor criterio.  
-Falta de información previa de cada taller, máis aló do título, en moitos deles alonxado da realidade
-Moita ponencia onde debería haber talleres.
-As instalacións un "poco rollo" andar cambiando de bloque pero estabase ben
-Algúns relatores comunicaron ás presas. é preferible abarcar menos e poder profundizar máis. Outra opción sería que os encontros durasen dous días.
-Escaso material nalgún taller. Contemplar a posibilidade de incluir material material manipulativo.
-Máis contidos de Infantil.
-Algúns obradoiros estaban moi masificados
-No curso de tablets non había, podíase avisar para trare unhaSería bo que no próximo houbera indicacións para ir ás aulas
-Echo en falta la entrega de bibliogrfía.

 

Moitas grazas a todos/as.

Os I Encontros de Educación Matemática para Infantil e Primaria de AGAPEMA celebraranse o sábado 28 de setembro de 2013 na Facultade de Ciencias da Educación, no Campus Sur da USC.

Consulte o programa dos Encontros no arquivo adxunto.
 
A inscrición pechouse o 24 de setembro ás 0h. Para acessos de última hora, pode contactar cumprimentando este formulario.
 
 

Cartaz Congreso

 

Achegamos un mapa onde situamos a Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur

 

https://mail-attachment.googleusercontent.com/attachment/u/0/?ui=2&ik=5874be6ead&view=att&th=1413513a8995eb73&attid=0.1&disp=inline&realattid=f_hlrn1zbs0&safe=1&zw&saduie=AG9B_P-aa4IE5EPQ1ZvpEwGqCaZB&sadet=1379721455926&sads=3DM__V_lXg_tw3VVFFzLUPjTMXw

O VI Congreso de AGAPEMA terá lugar os días 7 e 8 de setembro na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Podes visualizar o cartaz do congreso premendo aquí.

Se aínda non fixeche a túa inscrición, podes facela premendo aquí.

A actividade é gratuita para @s soci@s de AGAPEMA.