cabezallo

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a VI Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.

Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.
- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
- Datas: 9 de novembro de 2019.
- Horario: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 19:45.
O programa provisional e o formulario de inscrición están na páxina

https://www.sgapeio.es/index.php/estatistica-no-ensino/3261-xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2019

Anímate e participa! 

 "Miradas da Xeometría" é un proxecto da asociación matemática francesa "Les Maths en scène" dirixido ao alumnado de infantil, primaria e secundaria que ten como obxectivo descubrir a xeometría a través do mundo artístico e científico.

Este curso escolar, 2019-2020, AGAPEMA súmase a este proxecto e convida ao profesorado galego de infantil, primaria e secundaria a participar cos seus estudantes.

O obxectivo de cada grupo-clase será realizar unha produción artística ou dixital (infografía, aplicación dixital, película de animación, estrutura, escultura, etc…) que representará a mirada dos estudantes sobre o tema elixido.

O proxecto concluirá ao redor dos meses de abril e maio nun espazo común por determinar con dúas actividades:

  • A exposición conxunta dos traballos dos centros participantes.

  • A posta en común na que os autores dos traballos explicarán os diferentes procesos que efectuaron.

Proponse unha selección de 60 temas que poderás  consultar no documento adxunto. 

Podes formalizar a túa inscrición na seguinte ligazón: 

https://forms.gle/UxXp6N93Ya3yX8wX7

Anímate e participa!

Miradas_da_xeometria.pdf