cabezallo

 "Miradas da Xeometría" é un proxecto da asociación matemática francesa "Les Maths en scène" dirixido ao alumnado de infantil, primaria e secundaria que ten como obxectivo descubrir a xeometría a través do mundo artístico e científico.

Este curso escolar, 2019-2020, AGAPEMA súmase a este proxecto e convida ao profesorado galego de infantil, primaria e secundaria a participar cos seus estudantes.

O obxectivo de cada grupo-clase será realizar unha produción artística ou dixital (infografía, aplicación dixital, película de animación, estrutura, escultura, etc…) que representará a mirada dos estudantes sobre o tema elixido.

O proxecto concluirá ao redor dos meses de abril e maio nun espazo común por determinar con dúas actividades:

  • A exposición conxunta dos traballos dos centros participantes.

  • A posta en común na que os autores dos traballos explicarán os diferentes procesos que efectuaron.

Proponse unha selección de 60 temas que poderás  consultar no documento adxunto. 

Podes formalizar a túa inscrición na seguinte ligazón: 

https://forms.gle/UxXp6N93Ya3yX8wX7

Anímate e participa!

Miradas_da_xeometria.pdf

Texto da Convocatoria do XX Rebumbio Matemático

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 20ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2020, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van a participar e o profesorado responsable da participación, no formulario de inscrición.
Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Poden consultar os problemas doutras edicións aqui

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a VI Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.

Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.
- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
- Datas: 9 de novembro de 2019.
- Horario: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 19:45.
O programa provisional e o formulario de inscrición están na páxina

https://www.sgapeio.es/index.php/estatistica-no-ensino/3261-xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2019

Anímate e participa! 

logoFeira2020
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema do vindeiro ano para o Día Escolar das Matemáticas está relacionado coas redes sociais, concretamente será "Con mi móbil aprendo matemáticas", o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material.