Desde o Instituto GeoGebra de Galicia, que forma parte da Asociación Galega de Profesores de Matemáticas (AGAPEMA), abrimos a convocatoria do III Día GeoGebra de Galicia, que terá lugar o vindeiro 20 de maio no IES As Barxas de Moaña en horario de 9:30 a 19:30 h (homologando 8 horas de formación ).
Convidámoste a participar en calquera das dúas modalidades seguintes:
- Presentando a túa experiencia con GeoGebra a través dunha comunicación breve de 30 minutos e/ou un obradoiro, cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/umstYvdoukcQ9Zjx8
- Como asistente, para o que deberás cubrir estoutro cuestionario: https://forms.gle/DR535nA5r1xhqgD36
Se precisas aloxamento en Moaña para participar nesta actividade, terás un desconto no Hotel Bienestar de Moaña empregando o código GEOGEBRA23