Xa temos aberto o prazo para a participación na Olimpiada Matemática 2021 de 2º da ESO.
Podes consultar o calendario coas bases, datas, prazos, formularios de inscrición e problemas doutros anos da Olimpiada premendo aquí
Anímate a participar!
Xa temos aberto o prazo para a participación na Olimpiada Matemática 2021 de 2º da ESO.
Podes consultar o calendario coas bases, datas, prazos, formularios de inscrición e problemas doutros anos da Olimpiada premendo aquí
Anímate a participar!
A directiva de AGAPEMA, sendo conscientes de que a situación actual non é a ideal para a celebración dalgunhas actividades, fixo o esforzo de adaptar as bases desta actividade ás normas fixadas nos protocolos COVID.
Texto da Convocatoria do XX Rebumbio Matemático
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 20ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.
Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2021, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van a participar e o profesorado responsable da participación, no formulario de inscrición.
Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Pódense consultar os problemas doutras edicións aqui
A evolución da situación xeral e as recomendacións das autoridades sanitarias fixeron necesario anunciar a suspensión da XIV Feira Matemática para o ano 2020 e este ano 2021 tamén suspenderemos a súa celebración.
Confiamos en que no vindeiro ano 2022 podamos acudir a esta convocatoria con moita máis forza e con moito máis ánimo.
Tamén cancelamos os concursos convocados no MATEBLOG, e retiramos os traballos que xa estaban expostos, de maneira que os seus autores e autoras os podan presentar na edición do vindeiro ano.
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.
O lema do vindeiro ano para o Día Escolar das Matemáticas está relacionado coas redes sociais, concretamente será "Co meu móbil aprendo matemáticas", o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material.
O xoves 19 de novembro de 2020 ás 17:00 terá lugar a Asemblea Ordinaria de AGAPEMA. Esta reunión farase a través da plataforma virtual Zoom, por medio dunha ligazón que se enviará aos socios e socias o día anterior á mesma.
A orde do día é a seguinte:
"Miradas da Xeometría" é un proxecto da asociación matemática francesa "Les Maths en scène" dirixido ao alumnado de infantil, primaria e secundaria que ten como obxectivo descubrir a xeometría a través do mundo artístico e científico.
Este curso escolar, 2019-2020, AGAPEMA súmase a este proxecto e convida ao profesorado galego de infantil, primaria e secundaria a participar cos seus estudantes.
O obxectivo de cada grupo-clase será realizar unha produción artística ou dixital (infografía, aplicación dixital, película de animación, estrutura, escultura, etc…) que representará a mirada dos estudantes sobre o tema elixido.
O proxecto concluirá ao redor dos meses de abril e maio nun espazo común por determinar con dúas actividades:
A exposición conxunta dos traballos dos centros participantes.
A posta en común na que os autores dos traballos explicarán os diferentes procesos que efectuaron.
Proponse unha selección de 60 temas que poderás consultar no documento adxunto.
Podes formalizar a túa inscrición na seguinte ligazón:
https://forms.gle/UxXp6N93Ya3yX8wX7
Anímate e participa!
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a VI Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.
Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.
- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
- Datas: 9 de novembro de 2019.
- Horario: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 19:45.
O programa provisional e o formulario de inscrición están na páxina
Anímate e participa!