cabezallo

Os vindeiros días 2 e 3 de febreiro de 2024 (tarde do venres e sábado todo o día) celebrarase o IX Congreso de AGAPEMA  nas instalacións do IES Santo Tomé de Freixeiro de Vigo. Pretendemos que esta edición sexa de novo un foro no que compartir proxectos, experiencias e inquedanzas sobre Educación Matemática en Infantil, Primaria e Secundaria. Calquera docente pode participar presentando comunicacións, obradoiros, pósters ou exposicións.

O  prazo para a presentación de colaboracións estará aberto ata o venres 12 de xaneiro de 2024. A inscrición de asistentes estará aberta ata o 25 de xaneiro de 2024.

A actividade é gratuíta para as persoas asociadas a AGAPEMA ou a calquera outra sociedade federada das que compoñen a FESPM. As persoas non asociadas a ningunha delas deberán aboar a cantidade de 30 € en concepto de matrícula.

Podes realizar a inscrición ou presentar algunha colaboración no seguinte formulario: https://forms.gle/FKgHoajZ8CdCd1by5

Esperamos contar coa túa participación!

Desde o Instituto GeoGebra de Galicia, que forma parte da Asociación Galega de Profesores de Matemáticas (AGAPEMA), abrimos a convocatoria do III Día GeoGebra de Galicia, que terá lugar o vindeiro 20 de maio no IES As Barxas de Moaña en horario de 9:30 a 19:30 h (homologando 8 horas de formación ).

Convidámoste a participar en calquera das dúas modalidades seguintes:

Se precisas aloxamento en Moaña para participar nesta actividade,  terás un desconto no Hotel Bienestar de Moaña empregando o código GEOGEBRA23

Día GeoGebra de Galicia 2023 6

  

Programa_Dia_Geogebra_Galicia_2023.pdf

Convocatoria do XXII Rebumbio Matemático

Relación de grupos clasificados para a Fase final, o día 26 de maio ás 10,30 h na Facultade de Ciencias da Educación, en A Coruña.

Problemas propostos na Fase de Zona                (posibles solucións)        Fotografías da fase de zona

Relación de equipos participantes.

Cartel Rebumbio 2023p Relación de centros participantes.

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 22ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.

Xa temos aberto o prazo para a participación na Olimpiada Matemática 2022 de 2º da ESO.

  • O prazo de inscrición remata o 25 de marzo.
  • A Fase de Zona será o xoves 21 de abril.
  • A Fase Final Galega en Lugo o 26 de maio.
  • A finais de xuño terá lugar a Fase Final Española en Albacete e Cuenca,

Podes consultar o calendario coas bases, datas, prazos, formularios de inscrición e problemas doutros anos da Olimpiada premendo aquí

Anímate a participar!

PROGRAMA DA FEIRA   

Fotos da Feira               Resolución dos concursos   

         cartaz Feira 2023 ppp                                                         logoFeira2022
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é "As matemáticas dos volcáns", o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material. Neste enlace podedes descargar o material que María Charco Romero, investigadora do CSIC no Instituto de Geociencias (IGEO), ten preparado e que foi publicado no nº 101 da revista SUMA.

AGAPEMA  e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan unha nova edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º  de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.

A proba terá lugar o día 23 de marzo e as inscricións están abertas ata o día 10 de marzo.