cabezallo

Xa temos aberto o prazo para a participación na Olimpiada Matemática 2022 de 2º da ESO.

  • O prazo de inscrición remata o 25 de marzo.
  • A Fase de Zona será o xoves 21 de abril.
  • A Fase Final Galega en Lugo o 26 de maio.
  • A finais de xuño terá lugar a Fase Final Española en Albacete e Cuenca,

Podes consultar o calendario coas bases, datas, prazos, formularios de inscrición e problemas doutros anos da Olimpiada premendo aquí

Anímate a participar!

cartaz Feira Fotos da Feira    Resolución dos concursos

Dada a situación sanitaria por mor da COVID-19 algunhas das actividades de AGAPEMA foron suspendidas estes dous últimos anos, pero este ano queremos retomar a celebración da XV Feira Matemática.

Entre todas e todos cumpriremos e tentaremos garantir as medidas sanitarias para celebrar o Dia Escolar das Matemáticas o sábado día 30 de abril en PALEXCO, na Coruña.

PROGRAMA DA FEIRA