ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AGAPEMA
O xoves 19 de novembro de 2020 ás 17:00 terá lugar a Asemblea Ordinaria de AGAPEMA. Esta reunión farase a través da plataforma virtual Zoom, por medio dunha ligazón que se enviará aos socios e socias o día anterior á mesma.
A orde do día é a seguinte:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
- Informe do presidente.
- Aprobación, se procede, das contas correspondentes ao exercicio 2019 e do orzamento previsto para o exercicio 2021.
- Memoria de actividades realizadas no ano 2019.
- Publicacións de AGAPEMA.
- Información sobre as actividades do presente curso (convocatorias, novidades, prazos, etc.).
- Renovación Estatutos de AGAPEMA.
- Renovación da xunta directiva de AGAPEMA.
- Propostas e preguntas.