cabezallo

Novas de AGAPEMA

AXENDA ESCOLAR DE AGAPEMA

Froito da colaboración entre AGAPEMA e a Asociación do Profesorado de Matemáticas portuguesa (APM), os compañeiros e compañeiras responsables da organización de "Matemáticas na Raia" veñen de crear esta axenda escolar para o curso 2020-2021. Nela, baixo o lema "día a día coas matemáticas" poderás atopar problemas das distintas edicións desta actividade, integrados nunha axenda bilingüe (galego-portugués) que poderás adquirir cunhas condicións especiais por seres socio de AGAPEMA.

O tamaño da axenda é de 11x18,5 cm e o seu prezo é de 7€ para socios e socias de AGAPEMA e de 9€ para outros compradores. Xúntanse a este correo algunhas fotos da axenda.

Se desexas adquirila ou tes algunha dúbida, podes contactar con nós no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..