cabezallo

Novas de AGAPEMA

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES CONVOCADAS PARA O MES DE ABRIL

A directiva de AGAPEMA vén de decidir a suspensión das actividades convocadas pola nosa asociación para este mes de abril, isto é, suspéndense as convocatorias da Olipíada Matemática 2020 para 2º de ESO, do XX Rebumbio Matemático e Da primeira edición de Miradas da Xeometría. Esta suspensión está motivada polas circunstancias extraordinarias que está a vivir o noso país.

A suspensión non afecta á XIV Feira Matemática, que mantén a súa convocatoria sen modificacións (sempre á espera da evolución da situación).

Agradecemos a comprensión de todas as persoas inscritas nas actividades de AGAPEMA,  desexando poder abrir novas convocatorias das mesmas a partir do vindeiro curso escolar.