Presentación Olimpíada 2020
OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2020
|
PRAZO DE INSCRICIÓN ATA o 20 de marzo de 2020
Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da Resolución de Problemas, organizada por AGAPEMA, convócase a: OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA 2020 PARA O ALUMNADO QUE CURSA 2º DA ESO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIABASES
1. Participantes: Poden participar todo o alumnado dos centros educativos de Galicia matriculados en 2º da ESO no curso escolar 2019/20. Nesta súa 19ª edición, a Olimpíada Matemática Galega 2º de ESO está dirixida a todo o alumnado do 2º curso da ESO dos centros públicos e privados de Galicia. Cada Centro pode presentar á Fase de Zona dous participantes por cada unha das súas unidades (grupos-clase) de 2º da ESO. Este ano como novidade e co obxecto de simplificar o proceso, elimínase a inscrición previa dos centros, establecéndose un único periodo de inscrición para centros e alumnado. Este único prazo de inscrición rematará o 20 de marzo de 2020. O cumprimento deste prazo será imprescindible para a obtención do diploma de participación. A comunicación cos participantes realizarase, salvo que se indique o contrario na inscrición, a través do correo electrónico. Para calquera comunicación coa organización utilizar o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
2. Comité Coordinador:
3. Fases da Olimpíada: A Olimpíada constará de tres fases 3.1 Fase de Centro: Esta fase ten lugar en cada Centro que debe poñer en marcha, entre o seu alumnado, todo o proceso de adestramento na Resolución de Problemas tanto a nivel individual como colectivo e, ao remate do mesmo, enviar á Fase de Zona como máximo dous representantes por cada grupo de 2º da ESO.
3.2 Fase de Zona: Cada Centro participará no lugar que designe a organización en función do número de participantes, procurando que os desprazamentos sexan o máis reducidos posible.
3.3 Fase Final Galega: O obxectivo desta xornada é ter un día de convivencia e realizar as probas individuais xunto con actividades de carácter máis lúdico. A esta fase final acudirán 40 participantes seleccionados na Fase de Zona, correspondéndolle a cada unha un número de prazas proporcional ó número de participantes presentados en total.
4. Interpretación: A interpretación das presentes bases correspóndelle ao Comité Coordinador. |