AGAPEMA

 Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática - Zona de Santiago de Compostela

actividades realizadasen que estamos a traballar?recursosagapema-santiago nos medioscolabora con nósbuzón de suxestións
barra horizontal


Actividades de divulgación: Paseos matemáticos por Santiago de Compostela

paseos matemáticos

Podemos ver unha cidade como Compostela dende unha óptica matemática?

Este foi un dos retos que nos plantexamos un grupo de profesionais da educación interesados na divulgación matemática. A partir desta inquedanza xurdiu un traballo chamado "Paseos matemáticos por Compostela".

A posta en marcha desta iniciativa deu pé a levar ese paseo matemático á rúa con un grupo de profesores para celebrar o día 12 de maio de 2008 o día escolar das matemáticas. A finais de Maio dese mesmo ano, saímos de novo ás rúas de Compostela para dar un novo paseo matemático, esta vez con un grupo de alumnos de secundaria participantes no programa que organiza a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela ESTALMAT (Estímulo do Talento Matemático).

 

 

 

 

barra horizontal