Lingua

Concurso Explícoche Matemáticas 2.0

A Comisión de Normalización Lingüística organiza o concurso Explícoche Matemáticas 2.0

O obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.

Xornadas sobre léxico matemático

 A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas (USC) organiza unhas Xornadas sobre léxico matemático os próximos días 5 e 6 de novembro, coincidindo coa semana da ciencia.

Estas Xornadas van dirixidas a todas as persoas que usan o galego para transmitir matemáticas. Nesta primeira edición (confiamos en que haxa outras) o ensino terá un protagonismo especial.

Tradución ao galego de "Os Elementos" de Euclides

Os Elementos

 

Ana Gloria Rodríguez Alonso e Celso Rodríguez Fernández veñen de finalizar e publicar a súa tradución ao galego de Os Elementos de Euclides, o libro máis editado despois da Biblia.

II Día da Ciencia en Galego

II Día da Ciencia en Galego.Día 4 de novembro de 2011. Queremos...

Materiais en galego

 

O grupo de tradución dos libros dixitais e do grupo de elaboración de cadernos de traballo do Proxecto Descartes, vén de realizar a súa tradución ao galego e pon á nosa disposición un conxunto de materiais de excelente calidade para as mos usar co noso alumnado da ESO.

Velaí tedes a reseña feita no noso blog amigo Carta Xeométrica:

http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2011/09/unidades-didacticas-de-ma...

Distribuir contido