Olimpiada

Convocatoria da Olimpíada Matemática de 2º da ESO

 

Logo

 

Una ano máis, e xa van 18, AGAPEMA convoca a Olimpíada Matemática Galega 2016 de 2º da ESO, un evento internacional orientado á procura dun ensino das matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión.

XVI Olimpiada Matemática Nacional

Do 24 ao 28 de xuño pasado celebrouse no IES Pirámide de Huesca a fase final da Olimpíada Matemática para estudantes de 2º curso de E.S.O.

Dende Galicia acudiron os tres finalistas:

- Isabel Gradaílle Gil do IES do Castro de Vigo

- Iván González Cortegoso do IES Blanco Amor de Ourense

- José Pazos Pérez do IES Otero Pedrayo de A Coruña

Aberto o Prazo para a Olimpíada 2015

Como cada ano, xa está aquí a Olimpíada Matemática Galega 2015 de 2º da ESO, un evento internacional orientado á procura dun ensino das matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión.
Este ano presenta como novidade a sede da súa Fase Final, que se desenvolverá na cidade de Lugo.

XV Olimpíada Matemática Galega

A fase final da XV olimpíada matemática para 2º de ESO celebrarase en maio de 2013 en Vigo.

Gañadores da XIV Olimpíada Matemática Galega

O día 25 de maio celebrouse en Vigo a fase final da Olimpiada Matemática Galega de 2º ESO. Os alumnos gañadores foron:
Iván Cuntín (Vigo), Ángela Turnes (Santiago) e Miguel Picos (Ferrol).
Podedes ver fotos desta actividade no seguinte enlace:

http://www.elcorreogallego.es/fotos/ecg/final-gallega-olimpiada-matematica/idGaleria-5675/

Finalistas na XIV Olimpiada matemática para 2º de ESO

Xa está publicada a relación dos alumnos e alumnas clasificados para a fase final da Olimpiada Matemática para 2º de ESO. A fase final terá lugar en Vigo o vindeiro 25 de maio.

Noraboa a tódolos clasificados e moitas grazas a tódolos participantes (alumnos e profes).

Podes consultar toda a información no seguinte enlace: http://www.olimpiadagalega.org/webolimpiada2eso20122/fase_final.htm

XIV Olimpíada Galega de 2º de ESO. Amplíase o prazo de inscrición

O día 27 de abril será a fase de zona da XIV Olimpiada Galega de 2º da ESO. Celebrarase en Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago.

 O prazo para a inscrición de centros e alumnos está aberto ata o 30 de marzo.

O día 25 de maio a fase final da Olimpíada realizarase en Vigo. Tes toda a información sobre esta actividade, así como os documentos para inscribirte, en http://www.olimpiadagalega.org

XXII Olimpiada española

Vigo 2011: Alojamiento

Durante la XXII Olimpiada nos alojaremos en el Centro Residencial Docente de Vigo. Su dirección es Estrada de Madrid, 192 (36318 Vigo).

Vigo 2011: Programa

La XXII Olimpiada se celebrará del 26 de junio (tarde) al 30 de junio (mediodía) en Vigo.

Distribuir contido