Novas

Lista de correo sobre terminoloxía matemática

Por iniciativa da Comisión de Normalización Lingüística, a Facultade de Matemáticas da USC pon en marcha unha lista de correo sobre 

"Ludens Mathematica"

Baixo o nome de "Ludens Mathematica", a FESPM pon en marcha un novo proxecto encamiñadoa manipular, xogar e refelxionar sobre as matemáticas. 

Seminario Federal sobre o Ensino das Matemáticas en Primaria

A FESPM e a comisión de educación do CEMat convocan o seminario "La enseñanza y el aprendizaje de las Matemáticas en Primaria", que se celebrará en Santiago do 15 ao 18 de novembro de 2012.
AGAPEMA organiza este seminario federal, no que colaboran tamén a Facultade de Ciencias da Educación e o Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade de Santiago.
Se queredes máis información sobre esta actividade, podedes consultala na web:
http://www.fespm.es/Seminario-La-ensenanza-y

IX Xornadas de Ensino das Matemáticas

As IX Xornadas de Ensino das Matemáticas en Catalunya terán lugar o sábado 29 de setembro e poderán ser seguidos on-line vía streaming premendo aquí

Haberá unha Mesa Redonda inicial de mañá sobre Divulgación Matemática e unhas sesións paralelas pola tarde.

Habilítase o hashtag #9jEM para tuitear o que alí se fale.

Podes acceder ao programa completo premendo aquí

Día GeoGebra en Segovia

Os Institutos GeoGebra de España convocan ao profesorado de Matemáticas de calquera nivel educativo a participar no Día GeoGebra, que se celebrará en Segovia o 24 de novembro de 2012.  

Podes consultar toda a información sobre esta actividade na web http://diageogebra.info/

Concurso de vídeos. Ano Internacional da Estatística

Con motivo da conmemoración no 2013 do Ano Internacional da Estatística, AGAPEMA ten planificadas unha serie de actuacións para divulgar e promocionar esta rama da Matemática. Dentro destas actuacións está tamén a difusión e colaboración en iniciativas doutras institucións, como neste caso educaBarrié.

Trátase dun concurso de vídeo dirixido a alumnado e grupos de alumnado de ata 18 anos de idade.

Tedes toda a información no seguinte enlace:

http://www.educabarrie.org/proyectos/concurso-de-videos-ano-internaciona...

 

Bolsas para a VII EScola Miguel de Guzmán

A FESPM convoca axudas para a matrícula e o aloxamento para os socios e socias que queiran asistir á VII Escola Miguel de Guzmán.Tedes toda a información no seguinte enlace:http://fespm.es/Convocatoria-de-ayudas-para-el

VII Escola Miguel de Guzmán

 

A VII Escuela Miguel de Guzmán estará dedicada a “Procesos comunicativos y enseñanza-aprendizaje de las matemáticas” e terá lugar en Huelva durante os días 9 a 13 de xullo de 2012.

Esta edición enmárcase nos cursos de verán da Universidad Internacional de Andalucía e realízase en colaboración con la RSME.

No arquivo adxunto tedes o programa e toda a información sobre este evento.

Convocatoria Estalmat-Galicia 2012

Xa está en marcha a convocatoria da proba de selección do proxecto "Estalmat-Galicia" (Estimulación do talento matemático), organizada conxuntamente pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales e pola Facultade de Matemáticas da USC. 

Día escolar das Matemáticas 2012

Este ano 2012 o lema do Día Escolar das Matemáticas é "Matemáticas e economía". Dentro das actividades conmemorativas desta data destaca a videoconferencia impartida por Vicente Liern Carrión baixo o título "Matemáticas y economía. Ventajas de la cooperación".

Na seguinte web http://fespm.es/Conferencia-Matematicas-y-economia poderás atopar información sobre a conferencia e o autor, así como descargala a partir do 4 de maio.

Distribuir contido