Novas

Conclusións do Seminario sobre Matemáticas en Primaria

O pasado mes de novembro celebrouse en Santiago de Compostela un seminario federal sobre o "Ensino das Matemáticas en Educación Primaria" organizado pola FESPM coa colaboración da SEIEM (Sociedade Española de Investigación en Educación matemática) e do CEMat (Comité Español de Matemáticas).

Premio Gonzalo Sánchez Vázquez

A FESPM ven de confirmar que o noso compañeiro Manuel Pazos Crespo "Coque" será galardonado co premio Gonzalo Sánchez Vázquez  2013, na súa VIII edición. Esta decisión foi adoptada por unanimidade de tódalas sociedades que conforman a FESPM, a proposta conxunta de AGAPEMA e ENCIGA. O premio entregarase no mes de xullo en Palma, dentro do programa das JAEM.

Normas de publicación en Gamma

Na pasada asemblea fíxose oficial o relevo na coordinación da revista Gamma. Entre as primeiras aportacións do novo equipo temos as normas de publicación da revista, que podedes consultar no arquivo adxunto.
Animamos a todos os interesados (soci@s e non soci@s) a colaborar nesta nova etapa, ben aportando materiais publicables ou ben ideas que permitan manter a alta calidade que ven caracterizando á nosa publicación.

Exposición Imaginary en Santiago

Dende o 15 de marzo ata o 16 de maio poderedes visitar a exposición RSME-Imaginary na Igrexa da Universidade en Santiago. Trátase dunha exposición organizada pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) con ocasión do seu centenario en 2011. É unha adaptación da exposición IMAGINARY, ideada e desenvolvida polo instituto alemán “Mathematisches Forschungsinstitut Oberwolfach”, e froito da participación internacional de matemáticos e artistas.

Cursos a distancia da FESPM

Convócase a III Edición dos cursos a distancia da FESPM. Podes consultar toda a información sobre estes cursos na seguinte web:

X Feira Matemática - 2016

Asemblea Ordinaria de AGAPEMA

Convócase a Asemblea Ordinaria de AGAPEMA que terá lugar o vindeiro venres 22 de febreiro no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela ás 17:00 en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda.
No arquivo adxunto podes consultar o orde do día desta asemblea.
 

Convocatoria do XIII Rebumbio Matemático

Xa está en marcha unha nova edición do Rebumbio Matemático, actividade de resolución de problemas para alumnado de 6º curso de Educación Primaria. A fase de zona celebrarase o 26 de abril nas sedes correspondentes, e a fase final terá lugar o día 31 de maio en A Coruña. Tedes toda a información nos arquivos adxuntos, e podedes consultar calquera dúbida no correo xiiirebumbio@agapema.org
Contamos coa vosa participación.

Divulga na Escola

A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica ven de poñer en marcha a iniciativa "Divulga na Escola", a través da que poñen a disposición dos centros de ensino unha listaxe de divulgadores dispostos a recorrer o país divulgando o coñecemento científico.

Cursos Thales-CICA

Xa está aberto o prazo para a inscrición nunha nova edición dos cursos a distancia Thales-Cica. Tedes todada información sobre os cursos ofertados e o procedemento de inscrición na seguinte web:

Distribuir contido