Novas

O MateBlog

Presentámosvos o espazo Mateblog, o novo lugar onde se recolle a información relativa aos concursos matemáticos abertos onde colaboran a Fundación Barrié e AGAPEMA.

Ata o mes de abril, está aberto o prazo para participar nos concursos de monólogos (MaTmonólogos), de fotografía matemática e de Esopías (poemas con versos formados por palabras con tamaño secuenciado polo número PI).

Última clase de Antonio Pérez Sanz

O profesor Antonio Pérez xubílase.

O impulsor do Proyecto Gauss (dende a dirección do extinto ITE, actual INTEF), mañá, 10 de xaneiro, ás 10:05 h, imparte a súa última clase no IES Salvador Dalí, de Madrid, e dende o blog de seu compañeiro José Luis Muñóz retransmitirase por internet.

XIII Aniversario de AGAPEMA

Como cada ano nestas datas, a delegación de Coruña de AGAPEMA organiza unha actividade para celebrar o aniversario da nosa asociación (neste caso é xa o 13º). Haberá unha charla a cargo de Javier Méndez, profesor do CPI Dos Dices, que terá como título "Fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas a partir de competicións escolares". Este acto terá lugar o mércores 11 de decembro ás 20:00 horas no IES Otero Pedrayo de A Coruña

Convocatoria de grupos de traballo 2014 (FESPM)

Ante a entrada en vigor dunha nova lei educativa, que implicará a elaboración e implementación de novos programas, a FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas) programa a posta en marcha, no comezo do ano 2014, de tres grupos de traballo co obxectivo de elaborar unha proposta de curriculum de Matemáticas para as diferentes etapas educativas: Primaria, ESO e Bacharelato.

A modelización da Terra en Galicia

O Consello da Cultura Galega organiza a xornada A modelización da Terra en Galic

Xornadas sobre léxico matemático

 A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas (USC) organiza unhas Xornadas sobre léxico matemático os próximos días 5 e 6 de novembro, coincidindo coa semana da ciencia.

Estas Xornadas van dirixidas a todas as persoas que usan o galego para transmitir matemáticas. Nesta primeira edición (confiamos en que haxa outras) o ensino terá un protagonismo especial.

Xornada sobre o Ensino da Estatística

Con motivo do Ano Internacional da Estatística, AGAPEMA e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, organizan unha xornada sobre o Ensino da Estatística na ESO e no Bacharelato que se impartirá en dúas edicións, unha na Coruña e outra en Vigo.

Congreso Iberoamericano de GeoGebra

Dos días 7 a 9 de novembro de 2013 celebrarase en Chaco (Argentina) o Congreso Iberoamericano de GeoGebra, evento para o que xa está aberta a inscrición.
Podes consultar toda a información sobre este evento na web do mesmo:
http://geogebra.uncaus.edu.ar/

Finalistas do XIII Rebumbio Matemático

Xa podes consultar no arquivo adxunto a relación de equipos clasificados para a fase final do XIII Rebumbio Matemático, que se celebrará o vindeiro venres 31 de maio nas instalacións do PALEXCO  de A Coruña.
Dende a organización queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado participante a súa colaboración.
 

VIII Semana Matemática de Vigo

Organizado pola Asociación Escola Rosalía de Castro, coa asesoría pedagóxica da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e o patrocinio de Novacaixagalicia, Concello de Vigo e SMART vaise celebrar en Vigo a VIII SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO. Entre o 6 e o 15 de maio están programadas diferentes actividades dirixidas ao alumnado, profesorado e público en xeral.

Distribuir contido