Novas

GeoGebra Global Gathering

Está aberto o prazo de inscrición no  GeoGebra Global Gathering (G3, 2015), do 15 ao 17 de xullo en Linz, Austria, ¡rexistrarse!
Como os cupos son limitados, recomendan rexistrarse tan pronto como sexa posible para asegurara participación. Máis  información detallada en G3 2015 GeoGebraBook.

XVI Edición do programa Ciencia en Acción

"Matemáticas na raia" Problemas da proba e grupo gañador

Unha vez corrixidas as respostas dos grupos participantes, a comisión organizadora da actividade "Matemáticas na Raia" decidiu que o grupo gañador é o de 3º A do IES "As Bizocas" de O Grove, inscrito pola profesora Mª Jesús Goldar Souto.
Parabéns para alumnado e profesora!
Dende AGAPEMA queremos dar as grazas ao profesorado e ao alumnado que participaron e colaboraron nesta primeira edición desta actividade. esperamos contar con eles e con moitos máis nas vindeiras edicións.

Premio "Matemáticas en el Quijote"

A FESPM e a Junta de Castela A Mancha organizan conxuntamente o "Premio El ingenioso caballero Don Quijote de La Mancha para escolares", para conmemorar o IV centenario da publicación da segunda parte desta célebre novela de Cervantes.

IMATXINA 2015 (XI EDICIÓN)

A Fundación Escola Rosalía e Educa Barrié, a aportación da 

Día GeoGebra de Galicia

Fotos        Cartel           Programa              Crónica          &nbsp

Coque, sempre con nós.

O 24 de decembro de 2014 faleceu o noso querido amigo, mestre e compañeiro Coque.
    Seguiremos sempre o seu exemplo, traballando por unha Educación Pública, para todos e de Calidade.

 

Curso na UNED: "Matemáticas para todos"

A UNED convoca o curso "Matemáticas para todos.

A cidade da Coruña dálle o nome de María Wonenburger a unha rúa.

Vídeo da inauguración

O 14 de outubro o Alcalde de A Coruña, acompañado da familia de María Wonenburger e de moitos compañeiros de Agapema, inaugurou unha rúa na zona de Vioño (ver plano) co nome da nosa recen finada compañeira.

Xornada de formación para elaborar proxectos de Estatística (AGAPEMA - SGAPEIO)

Seguindo o camiño iniciado o ano 2013 coa primeira xornada de formación conxunta, AGAPEMA e SGAPEIO  ofertan unha "Xornada de formación para elaborar proxectos de Estatística", dirixida a todo o profesorado de ensino secundario (ESO e Bacharelato). De cara a facilitar a asistencia a todo o profesorado, ofértase a mesma xornada en dúas sedes diferentes: o día 15 de Novembro en A Coruña e o 29 dese mesmo mes en Vigo.

Distribuir contido