Novas

Cabodano de María Wonenburger

    Co motivo do cabodano de María Wonenburger, celebrouse un pequeno acto, depositando unhas flores do seu xardín, diante do monolito dedicado a ela, situado na rúa das Ciencias no parque de Santa Margarida.

    O acto foi  o domingo 14 de xuño ás 11 da mañá.

XVII EDICIÓN DAS JAEM EN CARTAGENA

A FESPM (Federación Española de Sociedades do Profesorado de Matemáticas) organiza a 17ª edición das JAEM (Jornadas sobre el Aprendizaje y la Enseñanza de las Matemáticas), que se celebrarán en cartagena os días 5 a 8 de xullo de 2015. Este congreso está recoñecido polo MEC, polo que é computable como formación a todos os efectos (oposicións, sexenios, traslados, etc).

XV Rebumbio Matemático - Fase Final

Fotografías da proba e da entrega de premios            Problemas da fase final

A Fase Final do XV Rebumbio Matemático celebrouse o venres, 22 de maio, cun día de convivencia cos 45 estudantes dos 15 equipos clasificados nas distintas zonas.

Crónica do Día GeoGebra de Galicia

Fotos           Cartel             Programa            Descarga de Materiais

XV Rebumbio Matemático - Participantes

Neste enlace está a relación dos colexios e os grupos participantes na Fase de Zona, que teremos o día 24 de abril nos lugares que se indican máis abaixo.

CORUÑA

Fórum Metropolitano

Dia GeoGebra 2015 en Alcala de Henares

Anúnciase o Día Nacional de GeoGebra, DIA GEOGEBRA 2015, que terá lugar no CAMPUS HISTORICO DE LA UNIVERSIDAD DE ALCALA (ciudad Patrimonio de la Humanidad),  o vindeiro SABADO 9 DE MAIO.
Máis información e inscrición na web:  http://diageogebra.info/
 

GeoGebra Global Gathering

Está aberto o prazo de inscrición no  GeoGebra Global Gathering (G3, 2015), do 15 ao 17 de xullo en Linz, Austria, ¡rexistrarse!
Como os cupos son limitados, recomendan rexistrarse tan pronto como sexa posible para asegurara participación. Máis  información detallada en G3 2015 GeoGebraBook.

XVI Edición do programa Ciencia en Acción

"Matemáticas na raia" Problemas da proba e grupo gañador

Unha vez corrixidas as respostas dos grupos participantes, a comisión organizadora da actividade "Matemáticas na Raia" decidiu que o grupo gañador é o de 3º A do IES "As Bizocas" de O Grove, inscrito pola profesora Mª Jesús Goldar Souto.
Parabéns para alumnado e profesora!
Dende AGAPEMA queremos dar as grazas ao profesorado e ao alumnado que participaron e colaboraron nesta primeira edición desta actividade. esperamos contar con eles e con moitos máis nas vindeiras edicións.

Premio "Matemáticas en el Quijote"

A FESPM e a Junta de Castela A Mancha organizan conxuntamente o "Premio El ingenioso caballero Don Quijote de La Mancha para escolares", para conmemorar o IV centenario da publicación da segunda parte desta célebre novela de Cervantes.

Distribuir contido