Asemblea Ordinaria de AGAPEMA da Zona da Coruña

Anúnciase a Asemblea de AGAPEMA da Zona da Coruña que se celebrará no IES R. Otero Pedrayo (Aula do Taller de Matemáticas, con entrada mesmo detrás da Biblioteca de Elviña) o día 23 de novembro de 2011, mércores, ás 19:15 h en primeira convocatoria, e ás 19:30 h en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.
  2. Informe do Delegado.
  3. Estado actual de contas.
  4. Memoria de actividades.
  5. Previsión de actividades para o curso 2011/12.
  6. Rogos e preguntas.

En A Coruña, a 2 de novembro de 2011