Fase Final Olimpíada 2017

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
 
 
 
 
A fase final da Olimpíada Matemática Galega 2017 terá lugar na cidade de Lugo o xoves 18 de maio.
 
O lugar de celebración da proba será o Círculo das Artes, na Praza Maior de Lugo.
 
 

PROGRAMA DA FASE FINAL

11:30
Recepción dos participantes no Círculo das Artes (Praza Maior)

Benvida e información do desenvolvemento das probas e do resto da xornada.

12:00
Comezo das probas para o alumnado no Círculo das Artes

12:15

Visita guiada dos/as acompañantes ao Museo Provincial de Lugo

14:00
Remate das probas.

14:30
Xantar de Confraternidade ofrecido por AGAPEMA

16:00
Circuito Matemático por equipos no centro de Lugo.

17:30

Salón de Actos da Deputación Provincial - Praza de San Marcos.

Información dos resultados da Olimpíada

Asistentes á Fase Española

Entrega de diplomas e agasallos

Clausura

 

               No xantar e na visita, ademais do alumnado e a organización, poderá participar un acompañante por cada un dos alumnos clasificados.

               A proba consistirá na resolución individual de 5 problemas. O alumnado disporá dun tempo máximo de dúas horas e poderá ir provisto de calculadora e material de debuxo (regra, compás,...). Na valoración dos problemas primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por enriba da mera solución.

O alumnado deberá ir provisto do seu DNI ou, no seu defecto, do carné escolar para a súa posible identificación por parte da organización.

Para calquera aclaración, dúbida ou problema contactar con olimpiada@agapema.org

 

 

Retornar á páxina inicial