Matemáticas na Raia 2016

AGAPEMA  e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan a segunda edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º  de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
A proba terá lugar o día 14 de abril e as inscricións están abertas ata o día 18 de marzo.
Xúntase un documento coas bases da actividade.
Podes inscribir ao teu grupo na ligazón http://www.agapema.org/?q=node/335
Anímate e participa!
 

AdxuntoTamaño
MATEMÁTICAS NA RAIA 2016-bases.pdf130.99 KB