Día GeoGebra de Galicia

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

Fotos        Cartel           Programa              Crónica             Descarga de Materiais
O Instituto GeoGebra de Galicia (IGG) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocan o Día GeoGebra de Galicia (DGG), unha xornada de traballo sobre o programa de xeometría dinámica GeoGebra, a celebrar o sábado 11 de abril de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña.
Esta xornada está aberta a todo o profesorado de calquera nivel educativo, que queira iniciarse ou afondar no coñecemento desta ferramenta que permite traballar calquera contido de matemáticas, non soamente a xeometría.
Así mesmo invítase a que se presenten experiencias ou ideas para desenvolver co GeoGebra nos diferentes niveis educativos. Para as comunicacións disporase de 20 minutos máis outros 5 para coloquio.
Haberá dous obradoiros, un de iniciación e outro de afianzamento, que se desenvolverán en dúas sesións, de mañá e tarde.
Teremos tres poñentes invitados, Agustín Carrillo de Albornoz (del I.G. de Andalucía), José Manuel dos Santos (del I.G. de Portugal) e Rafael Losada (del I.G. de Cantabria), que intervirán nos obradoiros e nas dúas conferencias.
A inscrición é gratuita.
Para todos aqueles que teñan a intención de participar nesta xornada e non coñezan o GeoGebra ou o coñezan pouco, realizaranse uns Obradoiros Previos ao DGG durante a primeira quincena do mes de marzo, en varias localidades de Galicia. Para iso deberán solicitar aquí a participación nestes obradoiros, indicando o seu centro de traballo, e a localidade onde residen ou onde lles sería máis doado asistir ao obradoiro (O formulario pechouse o 20 de febreiro).
Tense a intención de dispoñer de dúas tardes para iniciar o traballo con este programa, dando as primeiras indicacións para empezar a traballar co GeoGebra e dando resposta ás cuestións que se poidan formular. Para isto precisaremos de persoas voluntarias que xa coñezan un pouco o programa e poidan axudar a outros, así que se alguén quere estar ao fronte dalgún destes obradoiros iniciais, tamén pode inscribirse nese mesmo formulario, indicando tamén a zona onde o podería impartir, logo a organización poñeríase en contacto con el para proporcionarlle un sinxelo guión de cómo organizar o obradoiro.
Unha vez que se teñan as solicitudes de participación nestes Obradoiros Previos, a organización estudará a mellor maneira de organizalos, para tratar de que os desprazamentos sexan mínimos e comunicará as datas e a localidade ás persoas preinscritas. A realización destes obradoiros previos dependerá do número de persoas que o soliciten.