Coque, sempre con nós.

O 24 de decembro faleceu o noso querido amigo, mestre e compañeiro Coque.
    Seguiremos sempre o seu exemplo, traballando por unha Educación Pública, para todos e de Calidade.

Nesta ligazón podes acceder a un fermosísimo post que Miguel Pazos, fillo de Coque, compartiu na memoria do seu pai: A meu pai, Coque, in memoriam

 

Entrega do premio Gonzalo Sánchez Vázquez aos valores humanos no ensino das matemáticas, nas XVI JAEM. Palma de Mallorca, 2013. Conferencia no X Aniversario de AGAPEMA. IES Ramón Otero Pedrayo. A Coruña, 2010.