Os segredos de GeoGebra

Un ano máis convócase no CIEM de Castro Urdiales un curso para usuarios avanzados de GeoGebra: "Los secretos de GeoGebra: métodos avanzados (II edición)"

Será do 12 ao 14 de decembro de 2014.

Asistirán representantes de todolos Institutos GeoGebra de España, e pola parte do Instituto GeoGebra de Galicia, asistirán Esperanza Gesteira Losada, Ignacio Larrosa Cañestro e Fernando Zacarías Maceiras.

Toda a información está no enlace: http://www.ciem.unican.es/secretos_geogebra_II