Tradución ao galego de "Os Elementos" de Euclides

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

Os Elementos

 

Ana Gloria Rodríguez Alonso e Celso Rodríguez Fernández veñen de finalizar e publicar a súa tradución ao galego de Os Elementos de Euclides, o libro máis editado despois da Biblia.

Podes adquirir o volume na web de publicacións da USC onde figura a seguinte reseña:

Resumo: Elementos de Euclides é un clásico no sentido orixinal do termo pois, malia ter sido escrito xa iniciado o período helenístico, constitúe unha presentación maxistral das matemáticas coñecidas polos gregos ata o ano 300 a. C., a meirande parte delas desenvolidas na Grecia clásica por matemáticos como Pitágoras, Teeteto e Eudoxo.
A obra é fundamental non só polo seu contido matemático senón tamén pola forma de presentalo, xa que establece por primeira vez o método axiomático, tan relevante na posterior evolución das matemáticas ata o día de hoxe.
A influencia dos Elementos no eido da ciencia é incalculable e probablemente se trate do texto científico máis traducido e editado. Usado con exclusividade  ata a aparición das xeometrías non euclidianas no século XX continuaba a ser empregado como texto matemático básico. Ademais, influíu decisivamente na arquitectura a través da teoría da proporción: na pintura, onde tivo un papel fundamental no desenvolvemento da perspectiva,  e mesmo na máis actual matemática computacional. Un clásico con maiúsculas, que, en definitiva, semella modularse segundo os tempos en que é interpretado