X Feira Matemática - 2016

    TRÍPTICO   CARTEL  PROGRAMA  (fotografías da Feira)

Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a X FEIRA MATEMÁTICA celebrámola o 23 de abril, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.

Convocamos tamén un Concurso de Fotografía Matemática, aberto a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquer nivel, profesores ou calqueira que o desexe.

Queremos contar coa vosa participación para ir enchendo isto, que quere ser un espazo de comunicación con todos vós. Animádevos e non esquezades que contamos con todos, cos vosos traballos e colaboracións para poder levar adiante esta actividade que consideramos ambiciosa dabondo pero que paga a pena.

Se queres participar enchendo un posto cos teus estudantes e aportando actividades, inscríbete neste formulario.

Por todo isto, dende xa, esperamos as vosas aportacións para que a Feira sexa unha realidade.

Conforme avancemos no tempo, iremos colocando nesta web as novas que teñamos e as informacións que vos poidan ser de utilidade, tanto para participar como 'visitantes' ou como 'comerciantes'.

Quedades, polo tanto, convidados todas e todos a participar o 23 de abril de 2016, na

X Feira Matemática

en Palexco.

Comisión organizadora:

Francisco Álvarez Fontenla
Isabel Miguélez Pose (CFR A Coruña)
Sandra Sambade Nieto (IES Monte da Vila, O Grove)
Marisol Pérez Blanco (Radio ECCA)
Mª Cristina Naya Riveiro (Fac.Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
Óscar Dominguez Perez (CFR de A Coruña)
Enrique de la Torre Fernández (Fac.Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)

Contacto: feiramatematica@agapema.org

Fotos da IX Feira Matemática-2015