Obxectivos

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ó profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral.

O propósito co que se idea este evento é o de crear un espazo educativo no ámbito matemático, coa vontade de:

  • Intercambiar coñecementos, experiencias e procedementos.
  • Mostrar aspectos do proceso de aprender e ensinar matemáticas nun ámbito non formal, libre e espontáneo, no que participan nenos, pais, profesores e público en xeral.
  • Concienciar á sociedade da necesidade de posuír a suficiente educación matemática que nos permita interpretar feitos elementais do acontecer cotiá.
  • Disfrutar das matemáticas e reivindicalas no seu aspecto práctico, lúdico e educativo.

Para iso formulamos os seguintes obxectivos:

  • Afondar no ensino – aprendizaxe das Matemáticas nas etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.
  • Utilizar os distintos postos da FEIRA para acadar unha intercomunicación social matemática, lúdica, práctica e agradable.
  • Mostrar á sociedade aspectos relacionados coas matemáticas e recoller dela todo o seu saber popular dentro desta materia.
  • Vincular o que se fai nas aulas coa realidade e viceversa.
  • Animar a nenos e maiores a resolver problemas diversos.