Organización

Preguntas e respostas:

Pregunta 1: ¿Qué podo presentar na FEIRA eu, como mestre, como profesor?

Resposta 1: Podes presentar calquera actividade feita na clase, sempre que consideres que merece a pena dala a coñecer como estímulo para os teus alumnos ou para que a poñan en práctica outros compañeiros. Cada un, se ten alumnos dabondo para explicala, pode presentar máis dunha proposta didáctica.

A proposta pódela presentar ti, algúns dos teus alumnos ou conxuntamente. Ti, como responsable, debes de estar presente ou, cando menos, no recinto.

Pregunta 2: ¿De que dispoño para montar e vender a nosa proposta didáctica?

Resposta 2: Dispós dun posto formado por cinco paneis verticais de 1 m x 2 m (tres de fondo e dous laterais); unha mesa e varias cadeiras. Nos paneis podes poñer toda a publicidade que estimes oportuna para dar a coñecer a proposta; a mesa e as cadeiras son para explicala máis polo miúdo a cada persoa que se achegue polo voso posto.

Podes ver nas seguintes imaxes a disposición dos postos:

Se a proposta precisase outra estrutura, podes poñerte en contacto con nós e  estudarase a súa viabilidade.

Pregunta 3: ¿Podemos dispoñer dalgún material para entregar ós visitantes?

Resposta 3: O material funxible para a montaxe corre por conta dos participantes. Podedes traer material ou fotocopias para entregar aos visitantes explicando a actividade, xogo, etc. Nas fotocopias pode figurar un anagrama e unha cabeceira como a que podes baixar aquí.

Pregunta 4: ¿Cal é o horario do día da Feira ?

Resposta 4: A FEIRA inaugúrase ás 11 da mañá. Pero PALEXCO ábrese ás 10, que é a hora a que deben achegarse os participantes para montar o teu posto.

Pregunta 5: ¿Como me podo inscribir?

Resposta 5: Canto antes mellor para todos, a efectos organizativos, pero sempre antes do 1 de maio.

Podes inscribirte a través desta web, no "formulario de inscrición", que aparece no menú da esquerda, cubríndoo e enviando a proposta didáctica das actividades que presentedes e explicando nivel para o que é adecuado e as características xerais da mesma.

Pregunta 6: ¿Teremos algunha compensación?

Resposta 6: A compensación será, en todo caso, moral. Dende logo, como asociación, resúltanos imposible cubrir gastos de desprazamento, dietas, materiais, etc. Estamos traballando arreo para poder ofrecer gratuitamente bocatas e bebidas para xantar, pero iso non estamos en condicións de poder concretalo agora. Tamén é certo que non se cobra cota algunha por participar.

Pregunta 7:¿É preciso ser mestre ou profesor de matemáticas para poder presentar unha actividade na Feira?

Resposta 7: Non. Nin fai falta ser profe. Calquera persoa pode presentar unha actividade sempre que pase a Comisión de Control. Precisamente un dos obxectivos da Feira é favorecer o proceso de ósmose matemático na sociedade e contribuír á popularización das matemáticas.