Problemas fase de zona 2009

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

 

Problema 1 da fase de zona 2009

 

 

Sabela tiña unha bolsa con 62 caramelos. En dous días entre ela e Rosa coméronos todos. O primeiro día Sabela comeu os 3/4 dos caramelos que comeu Rosa ese día. O segundo día Sabela comeu os 2/3 dos que comeuRosa ese día. ¿Cantos caramelos comeu cada unha delas?

 

 

Problema 2 da fase de zona 2009: Amigos e mazás

Un home entrou nunha finca e colleu certo número de mazás. Ao saír atopouse un amigo e deulle a metade das mazas e unha mazá mais. Máis adiante atopouse cun segundo amigo e tamén deulle a metade das mazás que lle quedaban e unha mazá máis. Fixo o mesmo cun total de cinco amigos. Cando chegou a súa casa só lle quedaba unha mazá. Cantas mazá collera?

 

 

Problema 3 da fase de zona 2009: Concéntricos

Dous círculos e dous cadrados ocupan as posicións seguintes segundo mostra o gráfico: Cada círculo está inscrito no cadrado e o cadrado pequeno está inscrito nun círculo grande.Cal é a diferenza de áreas das rexións sombreadas se o lado do cadrado pequeno mide 8 cm.

 

 

Problema 4 da fase de zona 2009

 

Se escribimos todos os números enteiros consecutivos, sen ningunha separación entre eles, a partir do 1 ata o 2009, obtemosun número de moitas cifras:

1234567891011121314151617181920………20082009

¿Cantas cifras ten ese número?

¿Cal é a cifra que ocupa o lugar 2009?

 

 

Problema 5 da fase de zona 2009

 

Para sortear un regalo entre dúas persoas, Maite dispón de dúas ruletas como as que se amosan a continuación. Cada unha das persoas deberá escoller unha ruleta, facer xirar a frecha e anotar o número que obteña. Gañará o que acade o número máis grande. ¿Qué ruleta elixirías ti? ¿Por qué?.