Problemas fase final 2008

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

 

Problema 1 da fase final 2008: Esparragos

Isabel vende legumes todos os días de mercado. Onte levou espárragos atados con cintas de 30cm de lonxitude para vender o mollo a 8€. Como ten moita cantidade de espárragos vainos atar con cintas de 60cm para vendelos a 16€ . Pensas que calculou ben o novo prezo?

Cal sería o prezo axeitado á cinta de 60cm?

 

Problema 2 da fase final 2008: Fichas ao aire

Teño dúas fichas, unha azul e outra vermella. En cada cara teñen escrito un númeronatural, sen que se repita ningún. Se lanzamos as dúas fichas ao aire e sumamos os resultados que poden saír, obteríamos: 11, 12, 16 e/ou 17. Podes averiguar os números escritos en cada cara de cada ficha?

 

 

 

 

 

Problema 3 da fase final 2008: O cubo sen esquinas

Con cubiños de 1 cm3 de volume construímos un cubo grande que ten unha superficie total de 96 cm2. Agora lle quitamos os cubiños de todas as esquinas. Cal é o volume do corpo resultante?

 

 

 

Problema 4 da fase final 2008: O libro

 

Un libro ten 303 páxinas e está dividido en capítulos. Os capítulos son ou ben de 25 páxinas, ou ben de 20 páxinas ou ben de 16 páxinas. Cantos capítulos de cada clase pode ter o libro?

 

 

 

Problema 5 da fase final 2008: Unha escaleira de números

 

Colocamos os números pares formando unha escaleira:

                                    30

                        20        28

               12     18        26

        6     10     16        24

2      4       8     14        22

Esta ten cinco números no seu primeiro andar, catro no segundo,...Para subir o primeiro chanzo temos que pisar o número 2, para subir o segundo pisamos o número 6,...

Seguimos construíndo a escaleira e queremos saber:

Que número pisarás no vixésimo chanzo?

En que andar estará o número 2008?