Problemas fase final 2007

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

 

Problema 1 da fase final galega 2007: Demasiadas abellas

As abellas macho nacen de ovos non fertilizados é dicir, teñen nai. As abellas femia nacen de ovos fertilizados, teñen nai e pai.

a)Cantos antecesores ten unha abella macho na duodécima xeración?

b)Cantos deles son machos?

Explica, en ámbolos apartados, a túa resposta.

 

 

 

 

 

Problema 2 da fase final galega 2007: Vaia lío de cubos

A Catarina regaláronlle unha caixa de ladrillos de construción. Os ladrillos eran todos cúbicos, de 5cm de aresta, e enchían a caixa, que tamén era cúbica.

Catarina construíu primeiro un cubo grande, e despois outro máis pequeno enriba, e logo outro aínda máis pequeno enriba do último.

Cando acabou, ela era aínda máis alta ca súa torre e isto non lle agradou, pois xa empregara todos os ladrillos.

Como era de alta a súa torre?

 

Problema 3 da fase final galega 2007: A caixa forte

 

A miña avoa, Luz Divina, moi despistada ela, esqueceu o número secreto da súa caixa forte (que por certo gardaba debaixo do colchón), e pediume que a abrira eu.

Só lembraba que o número tiña cinco cifras, que o primeiro era un 8 (que era o día que casara) ou un 9 (que era o día que finara o seu marido), o segundo e o cuarto eran números iguais, e o terceiro e o quinto eran impares. Cantas combinacións terei que probar para ter a seguridade de que vou abrir a caixa?

 

 

 

Problema 4 da fase final galega 2007: Paso a paso

 

Pedro mediu o largo dun terreo situado no Centro Residencial Docente con pasos de 54cm. Partindo do mesmo sitio, Manuel mediu o mesmo terreo con pasos de 72cm.

Quedaron marcadas un total de 61 pisadas, pero a veces a mesma marca correspondía a dúas pisadas, unha de Pedro e outra de Manuel. Cal é o largo do terreo?

 

 

Problema 5 da fase final galega 2007: O pin

 

Os alumnos de 2º de ESO do IES Manuel Antonio deseñaron un PIN para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

O debuxo elixido foi o seguinte:

Se O PIN é un triángulo equilátero de 2cm de lado. Calcula a superficie da parte do PIN que vai en negro.