Presentación Olimpíada

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

 

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2017

 

 

Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da Resolución de Problemas, organizada por AGAPEMA, convócase a:

 OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA 2017 PARA O ALUMNADO QUE CURSA 2º DA ESO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

 

BASES

 

1. Participantes: Poden participar todo o alumnado dos centros educativos de Galicia matriculados en 2º da ESO no curso escolar 2016/17.
A efectos territoriais distínguense sete zonas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

Nesta súa 19ª edición, a Olimpíada Matemática Galega 2º de ESO está dirixida a todo o alumnado do 2º curso da ESO dos centros públicos e privados de Galicia. Cada Centro pode presentar á Fase de Zona dous participantes por cada unha das súas unidades (grupos-clase) de 2º da ESO.

Este ano como novidade e co obxecto de simplificar o proceso, elimínase a inscrición previa dos centros, establecéndose un único periodo de inscrición para centros e alumnado. Este único prazo de inscrición rematará o 23 de marzo de 2017. O cumprimento deste prazo é imprescindible para a obtención do diploma de participación.

A comunicación cos participantes realizaráse, salvo que se indique o contrario na inscrición, a través do correo electrónico. Para calquera comunicación coa organización utilizar o correo electrónico olimpiada@agapema.org

 

2. Comité Coordinador:

  • O Comité Coordinador está constituído por membros de AGAPEMA.

  • En cada zona constituirase un Comité encargado de orientar a Fase de Centro e organizar a Fase de Zona.

  • O Comité Coordinador ten entre as súas funcións nomear o xurado da Fase Final Galega.

  • Se en algunha zona hai un número moi baixo de participantes, o Comité Coordinador poderá suprimila como lugar de realización de exame. Se é o caso, avisarase aos posibles afectados, indicándolles en que zona poden participar.

 

3. Fases da Olimpíada: A Olimpíada 2017 constará de tres fases

3.1 Fase de Centro: Esta fase ten lugar en cada Centro que debe poñer en marcha, entre o seu alumnado, todo o proceso de adestramento na Resolución de Problemas tanto a nivel individual como colectivo e, ao remate do mesmo, enviar á Fase de Zona como máximo dous representantes por cada grupo de 2º da ESO.

  • Antes do 23 de marzo de 2017, cada centro comunicará os nomes dos participantes cubrindo o formulario (inscrición de alumnos) que se atopa nesta páxina web. 

3.2 Fase de Zona: Cada Centro participará no lugar que designe a organización en función do número de participantes, procurando que os desprazamentos sexan o máis reducidos posible.

  • Terá lugar o xoves, día 27 de abril, ás 10:30 h en todas as sedes (sempre que haxa un número mínimo de 5 centros inscritos na sede correspondente, no caso contrario indicaráselles a zona pola que poden participar). O lugar comunicaráselles oportunamente aos centros participantes.

  • A proba consistirá na resolución individual de CINCO problemas, os mesmos en todas as zonas. Na valoración dos problemas primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por enriba da mera solución.

  • Os participantes aportarán o material que consideren necesario na resolución das probas (bolis, calculadora, regras, ...), xa que só se lles facilitará papel DIN-A4.

  • Os gastos de desprazamento correrán a cargo dos participantes.

3.3 Fase Final Galega: O obxectivo desta xornada é ter un día de convivencia e realizar as probas individuais xunto con actividades de carácter máis lúdico. A esta fase final acudirán 40 participantes seleccionados na Fase de Zona, correspondéndolle a cada unha un número de prazas proporcional ó número de participantes presentados en total.

  • Esta Fase terá lugar o xoves  18 de maio na cidade de Lugo segundo o horario que se xunta.

  • O Xurado da Fase Final encargarase da valoración das probas e designará os gañadores. O seu fallo é inapelable.

  • A corrección das probas realizarase asegurando tanto o anonimato de cada participante como o do centro de procedencia. Non se fará pública, en ningún caso, a puntuación obtida por cada participante.

  • Os gastos de desprazamento para participar na Fase Final Galega correrán a cargo dos participantes.

  • Entregarase un diploma acreditativo a todos os participantes da Fase de Zona e da Fase Final Galega. Os tres participantes individuais con maior destreza na resolución de problemas teñen a opción de participar na final da OLIMPÍADA MATEMÁTICA ESPAÑOLA 2017 que terá lugar en Valladolid a finais do mes de xuño. Á devandita final os participantes irán acompañados por unha persoa da organización.

  • Os gastos de desprazamento e estancia na Fase Nacional dos alumnos e alumnas da nosa Comunidade que resulten seleccionados correrán a cargo da organización.

4. Interpretación: A interpretación das presentes bases correspóndelle ao Comité Coordinador. 

 

Retornar á páxina inicial