Septembro 2014

Revista Gamma 13

Co título “Dez anos despois”, o anterior Director da revista, Luis Puig, facía reconto de dez anos de GAMMA e despedíase no anterior número da revista. Era setembro do 2012. Dous anos despois (e non un, como era de esperar) sae á luz un novo número de GAMMA que ten como novidade principal o seu formato dixital. O novo soporte da revista permite que a cor chegue a GAMMA e ao seu novo logotipo, e fai tamén que o seu formato de dúas columnas se vexa reducido a unha, co fin de facer máis cómoda a lectura.

VII Congreso de AGAPEMA. Programa provisional

Xa está dispoñible o programa provisional do VII Congreso de AGAPEMA, que se celebrará os días 26 e 27 de setembro de 2014 na facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.
Trátase dun programa moi completo, que pensamos que cubrirá os intereses e as expectativas de todo o profesorado participante.