Xaneiro 2011

AGAPEMA

Coa denominación de Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática constitúese unha Asociación civil de ámbito autonómico e sen ánimo de lucro. Acorde coa lexislación vixente, esta Asociación terá personalidade xurídica propia e gozará de plena capacidade operativa.
Os seus fins son:
- Facilitar a actualización do Profesorado de Matemáticas, difundir as correntes do pensamento matemático,transmitir as innovacións educativas e difundir as distintas correntes para a ensinanza e a aprendizaxe matemática.

Asemblea ordinaria de AGAPEMA

A asemblea Xeral Ordinaria de AGAPEMA terá lugar en Santiago o día 11 de febreiro de 2011 ás 16:30h en primeira convocatoria e 17 h en segunda convocatoria no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia, San Lázaro, n.º 107, 15781 Santiago de Compostela)

XI REBUMBIO MATEMÁTICO

Co fin de manter vivo o contacto cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, AGAPEMA, co patrocinio do Concello da Coruña e a colaboración dos CFRs de Galicia, convoca o XI Rebumbio Matemático para contribuír á mellora do proceso de ensinanza - aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas de xeito cooperativo mediante o traballo en equipo dos alumnos participantes.
XI REBUMBIO MATEMÁTICO PARA O ALUMNADO QUE CURSA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA NA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA
BASES
1. Participantes:

Benvida

Dende o pasado día 23 de decembro do 2010 temos na sección de Lugo un novo equipo delegado para os dous próximos anos. Este equipo está constituído por un delegado, Paulo González Ogando (paulo.glez.ogando@gmail.com), e unha subdelegada que é Ana López Legaspi (analegaspi@edu.xunta.es). 

Ligazóns de recursos

Recursos de Matemáticas en Internet. Software e documentos.

http://www.marilo.com

Matemática e Internet. Atención á diversidade.

Club matemático Durán Loriga